O día en que Grande-Marlaska definiu o galego como “dialecto”

O día en que Grande-Marlaska definiu o galego como “dialecto”
Grande Marlaska prometendo o cargo de ministro. Imaxe: La Moncloa
Grande Marlaska prometendo o cargo de ministro. Imaxe: La Moncloa  

Así cualifica o idioma o daquela maxistrado da Audiencia Nacional no marco da causa que instruíu en 2008 contra 4  independentistas galegos por queimar unha foto do Borbón.


Grande-Marlaska, ministro de Interior do goberno de Pedro Sánchez. Un xuíz que asume o posto cunha mochila ben cargadiña: Foi presidente da Sala Penal da Audiencia Nacional desde 2012 e membro do Consello Xeral do Poder Xudicial. Na súa traxectoria impulsou diversas operacións e operativos contra organizacións independentistas vascas. Acusado de facer ouvidos xordos ás torturas. Tamén foi quen en 2007 mandou a xuízo a dous debuxantes de El Jueves pola polémica viñeta de Felipe e Letizia nunha postura sexual. Ou quen se mostrou a favor de condenar a membros do 15M por un protesto.

 

Grande-Marlaska non tivo problema en asinar en 2008 unha providencia no que se refería ao galego como “dialecto”, e non precisamente do latín, senón como un idioma de segunda categoría.  “En lo referente a la petición de designación de intérprete de dialecto gallego, ya se instó en su día por este Juzgado de la empresa encargada", aseguraba naquela providencia.

 

Todo isto, ademais, no marco da causa que Grande-Marlaska instruíu contra 4 independentistas galegos (militantes naquela altura de Nós-Unidade Popular) por queimar una foto do monarca español.

 

 



x