A empresa encargada dos recoñecementos médicos do persoal da Xunta deturpa a toponimia galega

A empresa encargada dos recoñecementos médicos do persoal da Xunta deturpa a toponimia galega
San Caetano, sede central da Xunta.
San Caetano, sede central da Xunta.  

Denúnciao CIG-Ensino, que acrecenta que Cualtis envía unicamente en castelán os informes médicos, "sen preferencia nin sequera opción para poder recibilos en galego”.


Sangenjo, Ginzo de Limia ou La Coruña. Estes topónimos deturpados da toponimia oficial da Galiza figuran no directorio de centros de Cualtis, empresa que se encarga de facer os recoñecementos médicos de todo o persoal da Xunta, segundo denuncian desde CIG-Ensino. A maiores, acrecenta o sindicato, “a empresa envía unicamente en castelán os informes médicos, sen preferencia nin sequera opción para poder recibilos en galego”.

A central dirixiuse tanto á propia empresa como á Consellaría de Educación para que tomen “con carácter inmediato” as medias necesarias para que os informes médicos estean preferentemente en galego e que sexa eliminados tanto da web como da documentación que recibe o persoal toda a toponimia ilegal.

Igualmente demanda que nos futuros pregos de contratación para os recoñecementos médicos de todo o persoal da Xunta figure entre os requisitos o uso preferente do galego en toda a tramitación dos informes médicos que recibimos.