PALABRAS CON MEMORIA

Eucaliptos e piñeiros en medrar son os primeiros

Eucaliptos e piñeiros en medrar son os primeiros
Un piñeiro manso [Foto: Galipedia]
Un piñeiro manso [Foto: Galipedia]  

Alcolitreira. Eucaliptal.

Lugar de escoita. A Pobra do Caramiñal.

Fonte. Caxatolino Vilasoa Boo.

 

Candea. (Ademais de significados xa rexistrados). Folla seca de piñeiro.

Lugar de escoita. Corbillón- Cambados.

Fonte. M” Luísa Herminia Vázquez/ TASOC X. Ribadumia.

 

Caroca. (Ademais de significados xa rexistrados). Caroza, piña de piñeiro.

Exemplo: “Para acender o lume prende primeiro unha caroca seca”.

Lugar de escoita. Burela.

Fonte. Mario Ferreira.

 

Faísca. (Ademais de significados xa rexistrados). Folla reseca de piñeiro.

Lugar de escoita. Ribadumia.

Fonte. Andrés Cachón Serantes/TASOC X. Ribadumia.

 

Faísco. Folla seca de piñeiro no seu conxunto.

Exemplo de uso: “Meus pais mandábanme ir coller faísco para prender o lume”.

Lugar de escoita. Vilalonga- Sanxenxo.

Fonte. Manuel Troncoso/ TASOC X. Ribadumia.

Outros apuntamentos. Alí tamén se lle di faísca.

 

Feno. Folla seca de piñeiro.

Lugar de escoita. Bamio-Vilagarcía de Arousa.

Fonte. Josefina Maneiro Jamardo./TASOC X. Ribadumia.

 

Ghasto. Folla seca de piñeiro.

Lugar de escoita. Catoira.

Fonte. Victorina Sumay Conde/TASOC X. Ribadumia.

 

Palabras con Memoria é unha sección que coordena a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Todo o material podes consultalo aquí.

 

Se queres achegar algunha palabra que non apareza nos dicionarios, dirixe as túas propostas ao correo [email protected]aelg.org (indicando a palabra, a súa acepción e o lugar en que foi recollida) ou cobre este formulario.



x