Unha frota para encher Compostela por un idioma vivo no día a día

Unha frota para encher Compostela por un idioma vivo no día a día
Queremos Galego
Queremos Galego  SG

Desde as diferentes comarcas do país partirán autobuses para facilitar unha afluencia masiva á manifestación convocada por Queremos galego baixo o lema ‘En galego día a día’.


Da Coruña a Vigo e de Ourense á Costa da Morte, pasando pola Mariña, Baixo Miño, Ferrolterra ou Barbanza. Das ciudades e comarcas do país partirá una frota de autobuses esta quinta feira, 17 de maio, con destino a Compostela `para participar na manifestación convocada por Queremos Galego. Na web da plataforma hai un apartado específico dedicado a informar deste transporte e a anotarse no mesmo.

 

Unha trintena de autobuses que sai´rán e percorrerán máis dunha vintena de localidades para facilitar a asitencia a unha mobilización que Queremos Galego vaticina que vai ser “masiva” na defensa da lingua propia do país.

 

Festa e reivindicación

 

O 17 de maio a manifestación de Queremos Galego será un acto festivo e reivindicativo. Participarán centos de colectivos e entidades de ámbitos moi diversos que teñen en común a defensa do galego. A manifestación rematará na Praza da Quintana onde a comunicadora e actriz, Nieves Rodríguez, galardoada co premio á mellor comunicadora  nos premios Mestre Mateo deste ano polo seu traballo no programa Vaia Troula!, conducirá o acto final.

 

Haberá a lectura do manifesto ‘En galego día a día’ por persoas destacadas de diferentes ámbitos como a xustiza ou a administración. Actuarán para as miles de persoas Franki e os labregos da linguaxe co rap “Rapea, que a lingua non para” que é o manifesto gañador do Correlingua 2018. 

 

Marcos Maceira, voceiro da plataforma, sinalou que a manifestación vai ser un exemplo dunha sociedade, a galega, que consegue manter viva unha lingua “que non só non conta con amparo institucional senón que recibe desamparo e agresividade sistemática” por parte de administración que teñen que apoialo e defendelo.



x