O galego, lingua Creative Commons: “para que cada quen poida usalo onde e cando queira”

O galego, lingua Creative Commons: “para que cada quen poida usalo onde e cando queira”
CoxegasComplices
CoxegasComplices  

Unha campaña do Concello de Carballo convida a usar o galego libremente en todos os ámbitos sociais.


Veciños e veciñas de Carballo, de diferentes idades, convoda a usar o galego libremente e sen complexois nin prexuízos en calquera situación. Esta é a cerna da campaña que impulsa o Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e no que se salienta que a licenza do galego é “libre, é CC, é Creative Commons, para que cada quen poida usalo onde e cando queira”.

CelebrarConquistas

Bandeirolas e cartaces no rueiro desta localidade, campaña nas redes sociais de imaxes, coa participación de moita xente de Carballo de diversos ámbitos e idades que se quixo sumar a este convite. “Un lote de xente de Carballo que quere convidar a usar o galego libremente para o amor, para o comercio, para a convivencia, para a música, para a creatividade, para a transmisión aos nenos e ás nenas, para o whatsapp, para o deporte..., para todo, sen límites, sen restricións!”



x