GCiencia e 21 días co galego gañan os Premios de Lingua Rosalía de Castro da Deputación da Coruña

GCiencia e 21 días co galego gañan os Premios de Lingua Rosalía de Castro da Deputación da Coruña
O xurado desta edición
O xurado desta edición  

O certame da Deputación da Coruña recoñece e premia iniciativas de promoción da lingua galega.


Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña recaeu na súa décima edición no portal GCiencia, na categoría de colectivo, e no proxecto ’21 días co galego’, promovido por Pilar Ponte, na categoría que recoñece o traballo específico coa infancia e a mocidade.

O premio concédese a GCiencia por “contribuír á visibilización e ao prestixio da lingua galega no ámbito da divulgación científica, a través dun medio de comunicación que é un dos máis visitados en lingua galega”. O fallo valorou tamén “o proceso de normalización do galego científico, crucial para que as persoas que o falan poidan percibir que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados nesta lingua".

No que respecta ao 21 Días co Galego, , o xurado valora unha iniciativa que considera pioneira “para combater os prexuízos e estereotipos que se consolidou, estendeu e mesmo inspirou outras, referente no apoio á promoción do uso do galego entre a mocidade”. Subliña aliás qie o proxecto favorece “a adquisición da competencia en lingua galega xunto coa normalidade do seu uso social na mocidade non galegofalante como primeira lingua ou como lingua de relación habitual”.

En 2018 os premiados con este galardón foron Galipedia - na categoría de colectivo, entidade ou asociación que destaca na promoción da lingua galega- e no grupo musical Pirilampo  na modalidade que premia proxectos ou iniciativas que traballan cos tramos máis novos de poboación.