VI JORNADAS DE ANÁLISE PARA O ENSINO POPULAR

A herdanza negada: un debate sobre a transmisión familiar da lingua

A herdanza negada: un debate sobre a transmisión familiar da lingua

Diversos expertos analizarán en Compostela desde diferentes perspectivas experiencias e desafíos sobre este proceso.


Como manter a transmisión familiar dun idioma nun contexto social no que esa lingua é cada vez máis minorizada até estar case desaparecida entre as capas máis novas da poboación en contextos urbanos? Debater e analizar esta cuestión é un dos obxectivos das VI Jornadas de Análise para o ensino popular que organiza a Comissom de Defesa da Língua da Gentalha do Pichel baixo o lema ‘A herdança negada’.

As xornadas terán lugar o 5 e 5 de abril na capital galega. Tomarán parte nas mesmas nomes como Marcos Abalde, mestre, poeta, dramaturgo e activista do Projeto Educativo Semente; ou Renee de Palma Ungaro, da Faculdade de Ciencias da Educación da UDC

Tamén fan parte do programa a catedrática de sociolingüística Bernadette O'Rourke; o doutorando Sociolinguística na Universidade Heriot-Watt en Edimburgo Alejandro DayánCarme Junyent - profesora de Linguística na Faculdade de Filoloxia da Universidade de Barcelona- e Malores Etxeberria, historiadora e técnica de língua basca e coordinadora do programa A chave está na casa, experiencia municipal para impulsionar a  transmisión familiar da língua en Hernani.

Programa: 
 

5 abril

18h00

Trauma psicosocial en contextos de perda de lingua e terror de Estado. A función reparadora do galego

Marcos Abalde

19h15

Pausa para café

19h30

Cando a transmisión encontra obstáculos decisivos. A transmisión en contextos de minorización: da comunidade hispana dos EUA ao caso galego

Renee de Palma Ungaro

Neofalantes ou como re-iniciar a transmisión cando se salta unha xeración

Bernadette O’Rourke

6 abrill

10h00

Experiencias de transmisión familiar na Galiza do século XXI. Encontro de nais e pais galego falantes

Grupo de traballo dinamizado por Bernadette O’Rourke e Alejandro Dayán

17h00

Conclusións do encontro

Bernadette O’Rourke e Alejandro Dayán

17h30

A transmisión familiar das linguas de inmigración na Catalunya

Carme Junyent

18h45

Pausa para café

19h00

Etxeak du giltza/A chave está na casa: unha experiencia municipal para impulsionar a transmisión familiar da lingua em Hernani

Malores Etxeberria