PRESENTACIÓN INFORME 2016

A Liña do Galego abriu 339 expedientes de queixa en 2016, 115% máis que en 2015

A Liña do Galego abriu 339 expedientes de queixa en 2016, 115% máis que en 2015

A maior parte das reclamacións recollidas por este servizo gratuíto da Mesa pola Normalización Lingüística fan referencia ás administracións públicas, 51% do total. As empresas representan 26% e as institucións privadas 19%.


A Mesa pola Normalización Lingüística recolleu ao longo de 2016 a través do seu servizo ‘Liña do Galego’, un total de 339 queixas, o que supón 115% máis que no exercicio anterior, 2015, cando foran 157 os expedientes de queixa. Este servizo tamén atendeu en 2016 24 consultas para alén de recibir 68 parabéns para axentes que dan pasos para garantir o idioma propio.

Desas 339 queixas a maior parte (51%) fan referencia a administracións e institucións públicas. Neste grupo é a administración galega a que máis chamadas motiva para se queixar á Liña do Galego (42%), seguida da administración estatal (31%) e da local, con 27%. Quen son os servizos e departamentos públicos que máis queixas motivan? Pois en base ao informe presentado esta segunda feira en Compostela pola Mesa, o Sergas (30% das queixas) e a Xunta (2%) encabezan a listaxe. Correos e Axencia Tributaria tamén figuran (representan cada unha 8% das queixas) nesa lista.

a mesa liña do galego

Sector privado

As empresas de servizos supoñen 26% das queixas e as institucións privadas,19%. Aquí, a opción ‘outros’ é a principal. Nela enmárcanse aquelas referidas a vulneracións de dereitos lingüísticos en bancos, supermercados, cadeas de televisión ou empresas aéreas, pasando tamén por comercios de moda, etc.  Mais, polo número de queixas recibidas, no informe individualízanse empresas como Audasa (15% das queixas) ou Renfe (13%), así como Abanca, con 9%.

Servizo

A Liña do Galego é un servizo gratuíto que A Mesa pon a disposicións dos cidadáns desde 2008, no que se poden presentar queixas sobre a vulneración dos dereitos lingüísticos ou tamén se poden facer consultas respecto a estes dereitos. Dentro deste servizo tamén se poden presentar parabéns para todos aqueles que garanten a presenza do galego e a vivir no noso idioma.

A Mesa sitúa o aumento dos contactos con Liña do Galego en relación ca aplicación para telefonía móbil, que se puxo en andamento en xullo do 2016. Porén, e como afirma o presidente da Mesa, Marcos Maceira, “realmente o número de queixas que se tramitan son moi poucas en relación a todos os dereitos lingüísticos que se vulneran”.

Os datos do informe amosa, explica que aínda que “vivimos nun marco legal onde teoricamente todos e todas temos dereito a utilizar o galego”, na práctica isto non acontece. Pon de exemplo como “nas nosas relacións de consumo  mais como na práctica as empresas non teñen obriga de corresponder, ese dereito non se pode exercer”.