BASEADO NUN LIBRO DE XULIA VICENTE

Magín Blanco compón 'Os meses do ano' para A Mesa pola Normalización

Magín Blanco compón 'Os meses do ano' para A Mesa pola Normalización
Detalle do clip dos 'Meses do ano' de Magín Blanco, baseado nas ilustracións de Xulia Vicente. Imaxe: A Mesa pola Normalización Lingüística.
Detalle do clip dos 'Meses do ano' de Magín Blanco, baseado nas ilustracións de Xulia Vicente. Imaxe: A Mesa pola Normalización Lingüística.  
A Mesa pola Normalización Lingüística, o músico Magín Blanco e a ilustradora Xulia Vicente dan a benvida ao novo curso escolar cunha canción: Os meses do ano. Canción e clip de Blanco a partir do libro O tempo cronolóxico debuxado por Vicente, quere contribuír a suplir “a escaseza de materiais didácticos en galego para a etapa de 3 a 6 anos”.

A iniciativa da Mesa apóiase no Tempo cronolóxico, un volume que “axuda a cativada galega a coñecer o nome das principais unidades de medida temporal en galego”. A obra de Vicente fai parte do “proxecto didáctico que A Mesa adica á educación infantil, proporcionando materiais en galego para nenas e nenos de 0 a 6 anos co obxectivo de potenciar o uso de vocabulario en galego nesa etapa”.

Magín Blanco é un veterano músico da escena pop galega, cuxa carreira leva anos enfocada a “propostas musicais e escénicas para público familiar”. A serie da Nena e o grilo é das máis populares entre as crianzas galegas. Colaborou coa mesa noutras ocasións, con temas como O abecedario, Peixiños do mar ou O tempo metereolóxico.

Xulia Vicente é unha ilustradora cuxo traballo tamén coñece o formato de banda deseñada.