Máis de 1.800 nenos e nenas participan na Estrada na primeira etapa do Correlingua 2018

Máis de 1.800 nenos e nenas participan na Estrada na primeira etapa do Correlingua 2018
Imaxe: Concello da Estrada
Imaxe: Concello da Estrada  

‘A lingua non para’ é o lema desta XVIII edición, que se desenvolverá até o vindeiro 16 e percorrerá 12 vilas e cidades do país.


Máis de 1.800 nenos e nenas de centros de ensino de Silleda, A Estrada e Forcarei tomaron parte esta quinta feira na primeira etapa do Correlingua 2018, que tivo lugar na vila estradense. Esta XVIII edición ía comezar na cuarta feira en Bueu mais tivo que adiarse polo mal tempo.

 

As crianzas participaron nesta iniciativa na que en ton lúdico e festivo se reivindica o galego como un tesouro a usar a diario. A música de Bolboreta e a actuación da actriz Isabel Risco puxeron música e humor á xornada.

 

Correlingua 2018 percorrerá 12 cidades e vilas galegas “polo noso maior tesouro,a lingua”. ‘A lingua non para’ é o lema desta XVIII edición do Correlingua, que percorrerá o país do 2 ao 16.

 

O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a CIG-Ensino, A Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración das deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo e os concellos de Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Vigo e Lugo; e pretende dinamizar o galego entre a mocidade.



x