A TRANSMISIÓN NON FAMILIAR DO GALEGO CENTRA A TERCEIRA XORNADA

Malas Linguas para “activar falantes”

Malas Linguas para “activar falantes”
Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta e responsábel da área de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, quen organiza o ciclo. Imaxe: Deputación da Coruña.
Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta e responsábel da área de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, quen organiza o ciclo. Imaxe: Deputación da Coruña.  

O programa Malas Linguas, organizado pola Deputación da Coruña, dedícase a "reflexionar, debater e dar pasos adiante no proceso de normalización do galego". A vindeira sexta feira, 1 de marzo, será a súa terceira xornada, desta volta centrada na transmisión non familiar da lingua.

Terá lugar no Centro Sociocultural do Ensanche de Santiago de Compostela é o título dun encontro en que persoas expertas na materia analizarán os prexuízos que están a operar na entre a poboación máis nova e buscarán as fórmulas para achegar a lingua a mocidade. O primeiro encontro estivo centrado nas políticas públicas e o segundo na transmisión familiar.   

"Consideramos que no debate desta terceira xornada están algunhas das chaves e ferramentas fundamentais para a normalización lingüística xa que sabemos da influencia que o contexto educativo ten no uso do galego nas primeiras idades”, sinala a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, quen indica que é nesas idades nas que “se está a perder a transmisión” e nas que “se xoga o futuro do galego". Sanmartín Rei será a encargada de abrir a xornada ás 10:00 da mañá.

Comezará o encontro coa presentación do proxecto das Escolas Semente, unha rede de escolas co galego como lingua vehicular; seguida dunha mesa redonda sobre “as actitudes e percepcións sobre a lingua da mocidade galega hoxe” na que participarán a profesora da Universidade de Deusto, Estibaliz Amorrortu, o profesor e investigador Miguel R. Carnota, e a profesora da Universidade de Heiot-Watt, Bernadette O’Rourke.

Continuará a profesora Pilar Ponte, quen tentará achegar un marco teórico á activación de falantes baixo o título Argumentos para o galego. Pechará o encontro unha nova mesa de debate coa participación do presidente da Federación de Ikastolas-Ikastolen Koldo Tellitu, a presidenta da ANPA CEIP Paraixal Rute Palhares, e o filólogo e escritor Paco Esteve i Beneito.