Manifestación este sábado en Asturies pola oficialidade do asturiano e o galego

Manifestación este sábado en Asturies pola oficialidade do asturiano e o galego

A mobilización convocada pola 'Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana' conta co apoio da Plataforma pola Oficialidá do Gallego-Asturiano.


Este sábado, día 21, haberá en Oviedo una manifestación para reivindicar que sexan oficiais en Asturies o asturiano e o galego. ‘L’Asturianu oficial, yo voi’ e ‘O galego-asturiano oficial, eu vou’ son dúas das chamadas a participar na mobilización, convocada pola Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana conta co apoio da Plataforma pola Oficialidá del Gallego- Asturiano. A Mesa pola Normalización Lingüística anuncia o seu apoio a esta marcha. “O galego en Asturias debe ser recoñecido como lingua oficial e  propia da zona Eo-Navia”.

DbJb6yjWkAEnNhF

“O galego en Asturias debe ser recoñecido como lingua oficial e  propia da zona Eo-Navia”

Desde a Mesa lembránlle á Xunta que a Lei de normalización lingüística  no seu título V artigo 21.2 que establece a obriga do Goberno Galego a facer “uso do previsto no artigo 35 do Estatuto de autonomía a fin de protexer a lingua galega falada en territorios limítrofes coa comunidade autónoma”.

Por outra banda, a Mesa insta o Estado español, Xunta e o goberno de Asturies a cumpriren a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias que no seu articulado recolle diversos preceptos e normas para recoñecer e defender linguas que estean na situación na que o galego está na zona oeste de Asturies.