Marco Samuel Pereira, da Mariña, premio ‘Estudante galeguista do ano’.

Marco Samuel Pereira, da Mariña, premio ‘Estudante galeguista do ano’.

O recoñemento creouno a Assembleia Nacional Galega (ANG) para potenciar o uso do idioma e a excelencia académica.


Marco Samuel Pereira Oliveira, de Xove, na comarca da Mariña, é o gañador da primeira edición do premio ‘Estudante galeguista do ano’, que creou a ANG, Assembleia Nacional Galega. Nado en 1983, Pereira estuda na facultade de Ciencias da Comunicación da USC.

O xurado valora o seu expediente académico no Ciclo Superior de Administración e Finanzas e o seu traballo como corrdenador de “Grandes Vozes do Nosso Mundo”, de Radio Burela. ANG incide en que este galardón procura “potenciar entre a mocidade o uso da língua galega, a excelência académica e o compromisso e ativismo em defesa da cultura e da sociedade galega”.

Conta co patrocinio  das librarías Cartabón (Vigo), Suévia (Coruña), Trama (Lugo) e Pedreira (Compostela).
 



x