A Mesa denuncia que Más Móvil nega atención en galego, catalán e euskera

A Mesa denuncia que Más Móvil nega atención en galego, catalán e euskera

“No hablamos en gallego, ni catalán, ni vasco”


A Mesa pola Normalización Lingüística tivo acceso a unha gravación na que Más Móvil lle realiza unha promoción a un posíbel cliente en Galiza e na que lle nega atención en lingua galega e acláralle que tampouco a realizará noutras linguas como catalán ou euskera.

O cidadán que recibiu a chamada o 28 de agosto e decidiu enviar a gravación á Liña do Galego, servizo gratuíto que ofrece a Mesa para denunciar a vulneración de dereitos. Desde a Mesa tramitarase unha queixa, non só ante empresa, senón que tamén se remitirá o caso á Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e á valedora do Pobo para que tomen baza no asunto.

A negativa de Más Móvil de atender en galego vulneraría segundo A Mesa a Lei 1/2010, relativa aos servizos no mercado interior para alén de incumprir tamén a Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias recoñece no seu artigo 46 uns dereitos lingüísticos mínimos

Para o presidente da Mesa, Marcos Maceira “este é un exemplo máis da febeleza da cativa lexislación que ampara o uso do galego e da necesidade de que se aprobara a ILP para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico que impulsou a Mesa co aval de 28.000 persoas e numerosas entidades e institucións”.