A Mesa manifesta no Foro europeo da diversidade lingüística que a oficialidade do galego “está lonxe” de ser real.

A Mesa manifesta no Foro europeo da diversidade lingüística que a oficialidade do galego “está lonxe” de ser real.
Unha imaxe do coloquio, moderado por Paul Bilbao (Kontseilua)
Unha imaxe do coloquio, moderado por Paul Bilbao (Kontseilua)  

No coloquio, aque tivo lugar en Donostia, tomaron parte representantes de Hizkuntz Eskubideen Behatokia (Euskal Herría) e Conradh na Gaelgie (Irlanda). 


O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, participou estea quinta feira nun coloquio no Foro Europeo da Diversidade Lingüística en Donostia. Un encontro titulado 'O protocolo para a garantía dos dereitos lingüísticos, o que é? De onde vimos? Onde imos?' e no que participaron tamén representantes de Hizkuntz Eskubideen Behatokia (Euskal Herría) e Conradh na Gaelgie (Irlanda).

Preguntado pola razón pola que, sendo o galego unha lingua oficial en toda Galiza, os axentes sociais que traballan pola normalización da lingua galega participaron activamente na elaboración do Protocolo, Maceira asegurou que a declaración de oficialidade do galego está moi lonxe de ser plenamente real. Denunciou a imposibilidade de poder facer unha vida normal totalmente en galego e, a nivel oficial, non se actúa para corrixir as limitacións históricas impostas desde fóra senón que atopámonos cun goberno galego que destaca por abandeirar a persecución da lingua galega. “Todos os avances para a lingua galega, incluída a oficialidade por precaria que for, foron conquistas sociais, éxitos da mobilización e do activismo a favor da lingua galega, a cal sufriu sancións gobernativas, despedimentos e outros ataques máis ou menos explícitos”.

Maceira explicou que, no que tinxe a educación, desde o 2010 deuse un importante retroceso. No ano 2004 aprobouse por unanimidade parlamentar un acordo amplo en relación ao galego en todos os ámbitos, tamén no ensino, chamado Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega no que participaron centos de entidades sociais e persoas. Este Plan, propuña avances para o galego e contemplaba o ensino en galego en educación infantil e un mínimo do 51% en todas as etapas. Po´ren, o goberno de Feijóo aprobous un decreto para o uso do galego que prohibe a utilización do galego nas materias da área científico-técnica e contempla como obxectivo reducir  presenza do galego ao 33%. “O obxectivo de reducir a presenza do galego, cando nunca se chegou a acadar na práctica o 33%, está hoxe aínda máis rebaixado grazas á aplicación da LOMCE que, coa súa distribución horaria das diferentes materias sitúa o galego en arredor do 15% do total”.

Preguntado sobre vai facer A Mesa co Protocolo apontou que o primeiro paso é “publicalo e achegalo a todas as entidades sociais galegas para que continúen adheríndose e que coa súa implicación activa se impulse o seu cumprimento pola administración pública”. Tamén se lles presentará as principais institucións galegas en todos os ámbitos (institucións académicas, órganos consultivos, concellos, parlamento, goberno galego...) para que se comprometan co seu contido e coas medidas que establece, “Galiza non pode ficar atrás no novo impulso internacional que representa o Protocolo”, sentenciou.