MÁIS DE 40 MIL CHÍOS CONTRA O MITO DO BILINGUISMO HARMÓNICO

#Microespañolismos, pequenos relatos na rede sobre a discriminación lingüística

#Microespañolismos, pequenos relatos na rede sobre a discriminación lingüística
Se non o tes con 'leche' ponmo con leite
Se non o tes con 'leche' ponmo con leite  

Vas a unha cafetaría. Pides un café con leite. "Un café con leche?". "Ben, se non o ten con leite póñamo con 'leche'". Que galego-falante non viviu unha situación dese estilo? A iniciativa #microespañolismos, posta en marcha polo BNG nas vésperas do Día das Letras Galegas, está a ser un auténtico fenómeno viral. 40 mil chíos vistos en algún momento por máis de 700 mil persoas. E a onda -moi activa na Galiza, tamén en Catalunya- continúa a se propagar.


Si, hai discriminación lingüística. Si, hai conflito. A harmonía só existe na retórica de Feixóo. 40 mil chíos de #Microespañolismos e 7.695 de #SiCaféConLeite -os dous cancelos postos en xogo- dan testemuño diso. Multitude de historias pequenas, episodios cotiás, escenas de todos os días. Esas que nunca aparecerán na TVG nen na RG. Que nunca verás na imprensa amiga de San Caetano. Mais que corresponden con vivencias que calquera persoa galego-falante pode contar.

 

As estatísticas de #Microespañolismos son verdadeiramente impresionantes: até 189 mil persoas usuarias de Twitter viron contidos co hashtag #SiCaféConLeite, en tanto que o cancelo #Microespañolismos chegou a unha audiencia de 741 mil persoas. Os contidos (chíos construídos por volta deses lemas) foron criados por 4.449 persoas (#SiCaféconLeite) e 16.6 (#Microespañolismos). A cifra de rechíos -entre eles os de Lluis Llach e Carles Puigdemont- é enorme.

 

Unha das primeiras pedras na auga a provocar a onda foi arrebolada polo secretario de Comunicación do BNG, Xavier Campos:

 


 

 

A partir daí un multitudinaro coro ergueu a voz nas redes farto de tanta falsa harmonía. Eis apenas unha breve escolma:

 

 

 


 


 


 


 


 


 


 


 



x