A ACADEMIA E PUNTOGAL CONVOCAN UN CONCURSO DE MICRORRELATOS

Narrar en duascentas palabras

Narrar en duascentas palabras
De esquerda á dereita, o director xeral de PuntoGal Darío Janeiro, o presidente da Real Academia Galega Víctor Freixanes, e o presidente de Punto Gal Manuel González. Foto: RAG.
De esquerda á dereita, o director xeral de PuntoGal Darío Janeiro, o presidente da Real Academia Galega Víctor Freixanes, e o presidente de Punto Gal Manuel González. Foto: RAG.  

Duascentas palabras como máximo, en galego, a remitir a [email protected] entre o 1 e o 28 de febreiro, son os requisitos da segunda edición do concurso de microrrelatos convocada pola Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal. Os galardóns consistirán en “distintos premios tecnolóxicos e relacionados coa lectura”.
 


Haberá distincións para nove categorías, distribuídas por idades “co propósito de facilitar a participación de todo o público”: infantil de ate 11 anos; xuvenil entre 12 e 17 anos, e adultos.

O concurso cadra ademais co lanzamento dunha oferta do dominio PuntoGal con prezos de 12,15 e 15 euros . Acolléronse á promoción os rexistradores dinahosting, Com Laude, Entorno Digital, Don Dominio, Ovh.com e Openprovider.

O presidente da Academia, Víctor Freixanes, loou a iniciativa PuntoGal durante a presentación do certame -que na edición de 2018 obtivo a participación de 400 orixinais- e expuxo que a centanaria institución “entende a lingua como un factor de modernidade. O futuro do galego, da cultura galega e da propia Galiza pasa por estar presente nas novas tecnoloxías da comunicación e a iniciativa .gal constitúe un dos elementos máis ilusionantes desa proxección nos últimos tempo”.

“O dominio PuntoGal leva no seu ADN a promoción e a difusión da lingua e a cultura galegas en todo o ciberespazo”, expuxo o presidente da asociación -que se achega aos 5.000 dominios rexistrados-, e tamén académico, Manuel González, “pero tamén leva no seu ADN o espírito de colaboración con todos os axentes que contribúen a que a sociedade galega se sinta orgullosa de si mesma”.

Nesta ligazón pódense consultar as bases do concurso: https://academia.gal/documents/10157/1241108/Bases+II+Certame+de+microrrelatos+RAG-Puntogal.pdf

Nesta as ofertas de PuntoGal: http://dominio.gal/promotion/



x