RECURSOS PARA O GALEGO

O novo portal da lingua galega inclúe ferramentas de tradución inmediata de sitios web

O novo portal da lingua galega inclúe ferramentas de tradución inmediata de sitios web
Presentación pública do novo portal.
Presentación pública do novo portal.  

lingua.gal permite a tradución directa e inversa de textos e de webs en galego, castelán, portugués, inglés, francés e catalán.


O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, presentaron o novo Portal da Lingua Galega, accesíbel desde www.lingua.gal, ferramenta que substitúe o web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL). Canda este portal presentouse tamén unha das ferramentas que ofrece, o tradutor Gaio, até agora de uso interno na administración e a partir de hoxe en aberto para toda a cidadanía.

García destacou a proxección social do Portal da Lingua Galega, que “ten unha vocación social que soborda os límites do unicamente administrativo, pois ofrece información, servizos, recursos e actividades para que os galegos e galegas poidamos vivir en galego”. Incidiu nos obxectivos que guiaron a ampliación e reestruturación do web: harmonizalo co deseño corporativo da Xunta e coas súas directrices de transparencia, seguridade e accesibilidade; completar o traspaso ao dominio.gal; renovar a súa aparencia cunha estética máis agradable e actual; estruturalo de maneira que se axuste ás dinámicas, programas e actuacións que actualmente desenvolve a SXPL.

Entre os recursos que se ofrecen “para aprender, medrar ou traballar en galego” figura o tradutor Gaio, que permite a tradución directa e inversa de textos e de webs en galego, castelán, portugués, inglés, francés e catalán. “Este servizo inclúe unha personalización de máis de 16.000 termos entre topónimos galegos, terminoloxía específica da administración ou nomenclatura vinculada ás corporacións de todos os Concellos ou Consellarías.

 



x