Palabras con Memoria: Xente de pouco fiar...

Palabras con Memoria: Xente de pouco fiar...

doca.- Sinónimo de lacazá/n, nugallá/n.

Exemplo.- “Non sexas doca.”

Lugar de escoita.- Xendive (Boborás)

Fonte.- Moncho Iglesias.

espalletar.- Falar mal de alguén.

Lugar de escoita.- A zona de Amoeiro (Ourense).

Fonte.- Carlos Manuel Gómez Bóveda.

lapadoiro/a.- Larchá/n, lerchá/n.

Exemplo.- "Cala, que es un lapadoiro.”

Lugar de escoita.- Cerceda.

Fonte.- Begoña Parafita Dubra./CPI O Cruce de Cerceda.

latumias.- Ruín, miserábel, avaro/a.

Exemplo: "A ese convidámolo sempre e el nunca convida; é un latumias.”

Lugar de escoita.- Lalín.

Fonte.- Ramiro Ferradás González.

retellar.- (Ademais de significados xa rexistrados/figurado) Falar moito e sen tino, latricar.

Exemplo.- "Cando empeza a retellar non hai quen o ature.”

Lugar de escoita.- Nigrán.

Fonte.- Albino Soto Figueroa.

tarrulán/á.- Túzaro/a.

Exemplo: “Es tarrulán como un porco.”

Lugar de escoita.- Ortigueira.

Fonte.- Vanessa Hermida Carballeira.

Outros apuntamentos.- Centro de Día de Abadín.

tulibeco/a.- Tolitates, toleirón/toleirona, atolado/a.

Lugar de escoita.- Burela (A Mariña luguesa).

Fonte.- Antonio Yáñez Casal.