A páxina da Moncloa fai un ‘Trump’ e ‘elimina’ a opción de galego

A páxina da Moncloa fai un ‘Trump’ e ‘elimina’ a opción de galego

Embora anunciar esta posibilidade, non se pode acceder nesta páxina a ningún dos idiomas cooficiais no estado. A ter en conta no día en que o novo presidente de EUA recibe críticas por eliminar o castelán da web da Casa Branca.


Donald Trump eliminou a opción de español da páxina oficial da Casa Branca. Unha decisión que, para alén de suprimir a posibilidade de ler esa web oficial nunha lingua falada en Estados Unidos por máis de 40 millóns de persoas (a segunda máis falada, após o inglés), interprétase como un ataque do novo presidente dos Estados Unidos ao pluralismo cultural e lingüístico do país. Laios e críticas que tamén lle choveron desde o estado español, desde o goberno, desde institucións como a Real Academia Española, mais tamén de poderosos grupos de comunicación.

Porén, a páxina oficial da Moncloa (equivalente no estado español, salvando as distancias,  á Casa Branca en Estados Unidos) tampouco se poder ler nos idiomas que falan millóns de habitantes no estado español. Algo que lembran e denuncian desde A Mesa: "A opción de galego da páxina da Moncloa está eliminada. Só se traducen as palabras "goberno", "consello" e "hoxe. Igual acontece co euskera ou o catalán. Así pois, estas línguas fican só para nomear algúns apéndices da páxina, sen haber contido real nas mesmas.

En Estados Unidos non hai un idioma que teña a declaración de ser o oficial, do país embora o inglés leva desenvolvendo ese papel desde o nacemento dos EUA. No estado español, galego, vasco e catalán teñen a declaración de cooficiais nos seus respectivos territorios. 



x