Poñer un ‘pintabeizos’ no dicionario da RAG

Poñer un ‘pintabeizos’ no dicionario da RAG

Unha iniciativa dun grupo de estudantes para que este termo sexa aceptado pola Real Academia Galega reúne en poucas horas centos de apoios.


‘Barra de labios’ ou ‘Lapis de labios’. Son as fórmulas admitidas no dicionario da Real Academia Galega (RAG) para se referir á “barra de material cosmético usada para pintar os labios.  O que en portugués é ‘batom’ e en castelán ‘barra de labios’ ou ‘lápiz de labios’. Un grupo de estudantes de Filoloxía Galega considerou que era unha mágoa que unha palabra tan propia do galego como ‘beizos’ ficase fóra do termo. Por iso puxeron en andamento en instagram a conta  @pintabeizosfiloloxico. “O noso primeiro obxectivo é integrar o termo ‘pintabeizos’ no Dicionario da RAG,

En menos de 24 horas xa conseguiron centos de apoios. Recoñecen que esta iniciativa ten un valor simbólico “ orientada a futuros retos dirixidos á normalización do uso da nosa lingua en todas as funcións e ámbitos”. 



x