#QueroGalego: o cancelo para sacarlle as cores aos 12 deputados galegos que apoiaron a proposta de Toni Cantó para excluir a lingua da administración

#QueroGalego: o cancelo para sacarlle as cores aos 12 deputados galegos que apoiaron a proposta de Toni Cantó para excluir a lingua da administración

Campaña nas redes sociais.


#QueroGalego, así de directo e simple é o cancelo ou hashtag impulsado pola Mesa pola Normalización Lingüística (MNL) para que a través das redes sociais se deixe claro a Toni Cantó a realidade lingüística de Galiza apóas as declaracións do deputado de Ciudadanos de que “é un feito que o castelán desapareceu en Galiza”. O propio palamentar da formación laranxa tivo que recuar e recoñecer que tal cousa non era verdade

DoLYjE0XoAAzfEV

Mais esta campaña non se centra só en Cantó. Desde A Mesa tamén lembran os 12 deputados e deputadas galegos do Partido Popular que no Congreso español votaron a favor da proposta do de Ciudadanos para excluír a lingua proia de Galiza da administración. A eles tamén lles din #queremosgalego, animando aos e as internautas a usar este cancelo para explicarlles a situación da lingua galega. 



x