A rede europea pola igualdade lingüísitica insta á Xunta a garantir o uso do galego como lingua vehicular do ensino

A rede europea pola igualdade lingüísitica insta á Xunta a garantir o uso do galego como lingua vehicular do ensino
[Imaxe: A Mesa] Foto de familia da asamblea de ELEN
[Imaxe: A Mesa] Foto de familia da asamblea de ELEN  

Galiza acollerá a próxima asamblea deste organismo, que representa 42 comunidades lingüísticas de 23 Estados europeos e ten carácter de organismo consultivo do Parlamento Europeo, do Consello de Europa, das Nacións Unidas e da UNESCO.


A cidade de Roazhon -Rennes-, na Bretaña, acolle esta fin de semana a Asemblea Xeral da Rede Europea pola Iguldade das Linguas (ELEN), na que participa unha delegación da Mesa pola Normalización Lingüística formada por Isabelle Kerdudo e Neal Baxter.

Este organismo aprobou, a proposta da entidade galega de defensa dos dereitos lingüísticos, una resolución na que amosa a súa preocupación polo descoñecemento da lingua galega en menores de 15 anos, e insta a Xunta a garantir o uso do galego como lingua vehicular en todas as etapas do ensino.

Galiza acollerá a proxima Asamblea Xeral de ELEN

A próxima Asamblea Xeral de ELEN celebrarase a finais do mes de novembro de 2020, en Galiza, segundo se aprobou hoxe mesmo por unanimidade.

A Rede Europea para a Igualdade das Linguas ten como obxectivo a busca de beneficios, a promoción e protección das linguas europeas menos utilizadas, traballar no sentido de igualdade e ser unha voz para os falantes de linguas a nivel local, rexional, nacional, europeo e internacional.

Representa 42 comunidades lingüísticas de 23 Estados europeos e ten carácter de organismo consultivo do Parlamento Europeo, do Consello de Europa, das Nacións Unidas e da UNESCO. Forma parte, ademais, da Plataforma de ONG da Comisión Europea para Multilingüismo, a Plataforma de ONG para Cultura, a Plataforma de ONG para a Axencia de Dereitos Fundamentais da UE, e do Consello Económico e Social da ONU.