PALABRAS CON MEMORIA

Palabras con memoria: Rexendo por dentro e por fóra

Palabras con memoria: Rexendo por dentro e por fóra

aturar.- (Ademais de significados xa rexistrados) Ter sentido, estar cordo/a.

Exemplo: "En canto toma dúas cuncas de viño, xa non atura."

Lugar de escoita.- Nois (A Mariña luguesa).

Fonte.- Marcos Candia.

axerida/o.- Espelida/o, esperta/o.

Lugar de escoita.- Piñeiro-O Páramo (Lugo).

Fonte.- María Celina Cruz Rodríguez.

codorno/a.- (Ademais de significados xa rexistrados) Referido ás persoas: Boa, tranquila, sosegada.

Lugar de escoita.- Meirás, Valdoviño (A Coruña).

Fonte.- Sandra Yáñez.

Outros apuntamentos.- A avoa da nosa informante sempre di: "Os homes ou son lobos ou son codornos".

demosa.- (Ademais de significados xa rexistrados) Guapa, fermosa.

Exemplo.- "Esa rapaza é moi demosa."

Lugar de escoita.- Cerceda.

Fonte.- Mateo Villamisar Fernández./CPI O Cruce de Cerceda.

espulfurida/o.- Elegante. Persoa que vai ben vestida e amañada, moi enfeitada e conxuntada.

Lugar de escoita.- Navia de Suarna.

Fonte.- Endl Navia de Suarna.

Outros apuntamentos.- Esta palabra foi dita por Manolo na aula de 2º da ESO de xeito espontáneo.

ir vestido/a de garda.- Ir moi elegante.

Lugar de escoita.- Muxía.

Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.

material.- (Ademais dos significados coñecidos). Marabilloso, estupendo, abraiante.

Lugar de escoita.- Bisbarra de Bergantiños.

Fonte.- Alberte Suras.