PALABRAS CON MEMORIA

Roupas novas (e antigas), por Ramiro Torres

Roupas novas (e antigas), por Ramiro Torres
Tendal
Tendal  

campa.- (Ademais doutros significados rexistrados) Prenda de roupa nova, de estrea.

Exemplo.- "Merquei unha campa para pór nas festas."

Lugar de escoita.- Cuntis.

Fonte.- Marcos Seixo.

liquindó.- Roupa trapalleira.

Exemplo.- "Sácateme ese liquindó."

Lugar de escoita.- Castro-Valdoviño (Ferrolterra).

Fonte.- Eva Seoane Martiño.

milfos/as.- Fiaños dos flocos. Anaco de tea moi gastado e roto. Roupa vella, rota e gastada.

Exemplo.- "Vaite mudar e saca eses milfos que non sei quen pareces vestida/o dese xeito."

Lugar de escoita.- Zona de Navia de Suarna.

Fonte.- Endl de Navia de Suarna.

rabuzo.- Bufanda.

Lugar de escoita.- Pazos (Ponteceso).

Fonte.- Antonio García Losada.

rolla.- (Ademais doutros significados) Pano de cociña.

Lugar de escoita.- Bisbarra da Limia.

Fonte.- Rafael Laso Lorenzo.

rusa.- Zapatilla pechada por tras para andar pola casa.

Lugar de escoita.- O Barbanza.

Fonte.- Constantino Prego.

sulazado/a.- Prenda desgastada ou que está vella.

Lugar de escoita.- Vilalba.

Fonte.- Vanessa Hermida Carballeira.

Outros apuntamentos.- Enviada desde o Centro de Día de Abadín.