A Semente reta o secretario xeral de Vox: atopar 100 crianzas galegofalantes en Ferrol... ou donar o seu salario a esta escola

A Semente reta o secretario xeral de Vox: atopar 100 crianzas galegofalantes en Ferrol... ou donar o seu salario a esta escola
semente trasancos
semente trasancos  

Ortega Smith afirma que o español está en perigo en Galiza e que nas escolas galegas é "imposíbel" educar as crianzas en castelán-


O secretario xeral de Vox, Ortega Smith afirma nunha entrevista que "nas escolas galegas poder educar os teus fillos en español é case imposíbel" e que en Galiza "hai unha imposición do galego". Unhas afirmacións que provocaron múltiples reaccións e respostas nas redes, moitas deles de galegos españolfalantes que acusaban Smith de "mentir".


Entre estas reaccións tamén houbo un reto, o formulado desde a Semente de Trasancos: atopar 100 crianzas galegofalantes en Ferrol. Tarefa ben sinxela se é certo que nas escolas se impón o galego aos nenos e nenas e que o español está “desaparecido” en Galiza como sostén o de Vox. Mais de non ser así e non poder atopar ese cento de nenos e nenas galegofalantes, Ortega Smith deberá doar o seu salario ao proxecto 'Vamos polo Primário' que impulsa este centro de A Semente.

 

Non é a primeira vez que A Semente de Trasancos emprega estes retos para desmentir aquelas persoas que presentan unha realidade lingüística falsa e terxiversada de Galiza, onde o castelán é un idioma oprimido: fíxoo en setembro asado con Toni Cantó a raíz de que o de Ciudadanos afirmase que "ninguén pode negar que o castelán desapareceu en Galiza”.