Semente e ikastolas suman forzas

Semente e ikastolas suman forzas
semente1
semente1  

As escolas de ensino galego e a rede de escolas vascas de inmersión lingüística asinan unha alianza de colaboración para partillar e desenvolver estratexias comúns.


Esta sexta feira, 17 de maio, formalizarase unha ‘Alianza de Colaboración’ entre a Escola de Ensino Galego Semente e Ikastola Elkartea, a rede de escolas vascas de inmersión lingüística. Unha alianza, explican, de movementos de “educación popular, autoxestionadas e sen ánimo de lucro” nados da iniciativa popular e que pulan por sentar “as bases necesarias para a creación dunha escola nacional nos nosos respectivos povos e promover o ensino en galego e euskaldun”.

Con esta alianza, indican nun comunicado, establecerán cooperación para diversas tarefas: desde desenvolver estratexias comúns até impulsar a coordinación de políticas fronte “aos projetos legislativos do Estado Espanhol que limitan a criaçom de sistema educativo próprio nas nossas naçons”.

Realizar actividades conxuntas d aprendizaxe, consolidar os respectivos proxectos ou intercambiar material son outros dos puntos da alianza.

Constituirase un órgano de seguimento   que se reunirá periodicamente e que será o encargado de planificar, avaliar e coordinar as accións.

A Semente é unha asociación sen ánimo de lucro que impulsa um proxecto de imersión lingüística que conta con 3 centros educativos en Compostela, -dous centros de 2 a 6 anos e un centro de ensino primario-. Actualmente hai Sementes tamén en Vigo, Trasancos, Lugo e están en marcha para abrir Sementes en Ames, A Coruña, Ourense  e Pontevedra.