A táboa periódica publícase en galego

A táboa periódica publícase en galego
A táboa periódica en galego.
A táboa periódica en galego.  

Cento cincuenta anos despois de que o científico ruso Dimitri Mendeleev presentase a táboa periódica, públicase a súa versión galega. Os 118 elementos que a conforman, fronte aos 63 iniciais, están agora dispoñíbeis para a súa descarga e tamén nunha tiraxe física de 13.000 exemplares.
 


A edición galega da táboa periódica débese á colaboración institucional do Consello da Cultura Galega, o grupo de investigación da Universidade de Santiago CienciaNOSA, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Real Academia Galega de Ciencias e a Real Academia Galega.

Dos químicos da Universidade de Santiago Manuel Bermejo, Ana González Noya e Marcelino Maneiro, autoras da Guía dos elementos químicos. Historia, propiedades e aplicacións, partiu a iniciativa.



x