Tanxugueiras e Os Azeitonas poñen a música á festa de aRi[t]mar

Tanxugueiras e Os Azeitonas poñen a música á festa de aRi[t]mar
Presentación da Gala
Presentación da Gala  

A gala será esta cuarta feira, 4 de decembro, ás 21:00 no Auditorio da Galiza, Compostela, con entrada de balde até completar completar a capacidade.


Cinco mil votos non poden errar. E perto de cinco mil votos emitidos no certame aRI[t]mar que promove a Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Compostela decidiron que as gañadoras polo mellor tema musical na Galiza e en Portugal en 2018 fosen as Tanxugueiras, con 'Quen non mo neguen', e Os Azeitonas, con 'Efeito do Observador'.

Estes premios, xunto cos de poesía, e o do embaixada da amizade, entregaranse a artistas e poetas gañadoras na gala aRi[t]mar 2019, una cita que vai ter lugar esta cuarta feira, 2 de decembro, no Auditoria da Galiza, Compostela.

No apartado de poesía, as gañadoras foron a galega Susana Sánchez Arins, polo poema “e isso é o amor” (Tu contas e eu conto, Através Editora, 2018), e a portuguesa Marta Chaves, por “FACHADA” (Varanda de Inverno, Assírio e Alvim, 2018). Os poemas foron escollidos por votación popular online aberta a todo o público galego e portugués.

O xurado do certame aRi[t]mar decidiu tamén conceder o Premio aRi[t]mar especial do xurado “Embaixada da Amizade galego-lusófona” á cantora galega Uxía.

aRi[t]mar é un proxecto didáctico e cultural da Escola Oficial de Idiomas de Compostela e que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesa actuais e achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.

Ademais das comunidades educativas e sociais da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, participaron tamén as da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Instituto de Línguas e Ciências Humanas da Universidade do Minho (Braga), Escola Oficial de Idiomas de Lugo, Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, Centro Cultural Portugués de Vigo- Instituto Camões e os centros do Ensino Português pelo Camões na Galiza, e os Centros de Estudos Galegos de máis de 35 universidades do exterior, ben como centros de ensino secundario de fóra de Galiza en que se imparte galego, e público en xeral.