MINUTO A MINUTO

O relato paso a paso dun novo tributo multitudinario ao galego

O relato paso a paso dun novo tributo multitudinario ao galego
Un aspecto da Quintana
Un aspecto da Quintana  

Queres reviver a marcha pro-galego deste 17M? Tanto se estiveche nela como se non, neste texto poderás acompañar o desenvolvimento dunha nova demostración de que a sociedade galega quer galego e outra política lingüística desde as institucións públicas, nomeadamente desde a Xunta.


 Actualizar V
13:33  Concluído o discurso de Maceira -"ao galego négaselle o que non se lle nega a ningunha outra lingua oficial-, a entonación do Hino Nacional Galego pon o ramo á marcha.
13:28 "É a sociedade galega -e non a Xunta- a que está a loitar por conseguir un diario en galego", alega o portavoz de Queremos Galego.
13:27  "Feixoo despreza a dignidade do seu cargo", afirma Maceira.
13:25 "Hoxe manifestamos o noso orgullo por manter o galego vivo día a día", comeza por dicer Maceira. "O galego non é unha lingua estranxeira. E serve para as matemáticas, para a física e química e a tecnoloxía, materias que só se imparten en castelán ou inglés".
13:24 Toma xa a palabra o portavoz de Queremos Galego e presidente da MNL, Marcos Maceira.
13:20  O rap tamén ten o seu espazo no palco. Vén da man de Frankie e As Labregas da Lingua, do IES Antón Fraguas de Compostela, gañadores do Correlingua.
13:12  Comeza a leitura do manifesto da marcha. Unha leitura a varias voces. A primeira, a de Marga Doval, do consello de administración de Sermos Galiza, o único semanario en lingua galega, empresa que está a promover o lanzamento de 'O Diario Galego' para 2019. Lerán tamén Concha de la Fuente, produtora do 'Diario Cultural'; Anxos Sobriño, presidenta da Coordenadora de Traballadoras e Traballadores de Normalización Lingüística; Adela Figueroa, cidadá que tivo que aturar a funcionarias galegófobas na sede da Xunta en Lugo; e Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
13:10  Vai tomar a palabra Concha de la Fuente, produtora do 'Diario Cultural', o mítico programa de cultura que a Radio Galega eliminará da grella na próxima temporada.
13:05  Xa está practicamente chea a Quintana. Comeza o acto a comunicadora Nieves Rodríguez, quen parabeniza a todas as persoas implicadas na organización do evento porque "todo saíu impecábel". Apela a vivir cada dia en galego e di que como María Victoria Moreno este pobo ten unha historia de amor coa nosa lingua.
13:04

Críticas desde as redes á política lingüística da Xunta, durante o propio transcurso da marcha:

 

 

   
13:01

 Pilar Fernández, colaboradora de Sermos, entrevista brevemente o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, xa na Quintana.

 

 

12:56  Miles xa están a encher a Quintana.
12:41  A cabeza da manifestación na Rúa Nova e aínda sae xente da Alameda.
12:40

 As cámaras de NósTV marchan tamén a prol do galego:

 

 

12:35 "Na escola e no traballo, en galego a diario", unha das palabras de orde coreadas masivamente.
 

Recado do BNG a Feixóo:

 

 

 

12.20 O aspecto da marcha nos seus primeiros compases é dunha maior convocatoria que anos pasados. Os cánticos, os tradicionais: "Na Galiza, en galego" "Nas rúas da Galiza, en galego", "Sempre na Galiza, sempre en galego".
12:20

A rapazada tamén participa na marcha:

 

 

 

12:16

Aínda non comezou a marcha, mais xa moitas e moitos manifestantes teñen nas súas mans o caderno especial que sobre o lanzamento de 'O Diario Galego' lanzou Sermos esta semana.

 

 

12:11

Queremos Galego informa na rede sobre unha mudanza no itinerario da manifestación:

 

 

12:03 #Engalegodíaadía é un dos cancelos desta marcha.
11:56

Queremos Galego recebe queixas do servizo de Renfe: non se puxeron suficientes prazas nos distintos servizos con dirección a Santiago.



x