PALABRAS CON MEMORIA

Traballando nos eidos

Traballando nos eidos
Coa bardola vareas o castiñeiro e eis tes despois o resultado
Coa bardola vareas o castiñeiro e eis tes despois o resultado  

Adouvo.- Baloco, terrón.

Exemplo: “Fomos á horta e estaba toda chea de adouvos do que choveu.”
Lugar de escoita.- Aldeas de Ribón e Son en Navia de Suarna.
Fonte.- Aldeas de Ribón e Son en Navia de Suarna.

Alacoto.- Pau grande e basto que se leva na man.

Lugar de escoita.- Sabucedo (A Estrada).
Fonte.- Manuel Cabada Castro.

Bardola.- Vara longa de abraira, que serve para varear as castañas.

Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

Bienlo.- Forquita. Ferramenta de traballo.

Lugar de escoita.- Vilalba.
Fonte.- Vanessa Hermida Carballeira.
Outros apuntamentos.- Desde o Centro de Día de Abadín.

Escambroto.- Espiña grande e dura dunha planta.

Lugar de escoita.- Castrelo, Forcarei.
Fonte.- Manuel Cabada.

Ganceallo.- Restos de matogueira medio queimada logo de ardido o monte.

Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

Hortexo.- Horto, horteiro, horta pequena.

Lugar de escoita.- Carballo.
Fonte.- Yanira Caballero Bello.

Restrebeiro.- Restos de herba seca, palla de trigo, etc.

Lugar de escoita.- Navia de Suarna.
Fonte.- Toño Núñez.