Un xulgado sentencia que tramitar multas en galego non xera “indefensión”

Un xulgado sentencia que tramitar multas en galego non xera “indefensión”
Pontevedra
Pontevedra  

Unha condutora recorreu unha multa de estacionamento por estar en galego alegando que lle xeraba indefensión. Un xulgado de Pontevedra vén de botar abaixo tal argumentación.


En xuño de 2015 a Policía Local de Pontevedra cursaba unha multa a raíz dunha infracción por estacionar indebidamente un vehículo nunha zona non autorizada do casco urbano pontevedrés. A propietario do vehículo, disconforme, interpuxo un recurso perante a concellería de Protección Cidadá, que o rexeitou. E esta persoa optou por ir á vía xudicial, argumentando que se lle causaba indefensión “porque a denuncia e o expediente se tramitaron en galego” e que os feitos denunciados non eran certos.

O xulgado contencioso-administrativo nº1 de Pontevedra rexeita “todas e cada unha das queixas”, segundo o Concello de Pontevedra pois “non tiñan maior fundamento”. A sentenza é firme e contra ela non cabe recurso.

Non é a primeira vez

Non é a primeira vez que hai persoas que empregan a estratexia de dicir que o galego lles causa indefensión para intentar evitar unha multa ou sanción. Así, en 2010, e tamén en Pontevedra, un cidadán recorreu unha multa porque non entendeu a lenda numérica dunha zona de carga e descarga ao estar só en galego