O transporte público de Londres tamén fala galego

O transporte público de Londres tamén fala galego

Unha campaña en varios idiomas da compañía 'Transport for London' inclúe varios dos seus traballadores falando nas súas linguas. Unha delas, o galego. Vídeo no interior.


En Londres fálanse máis de 300 idiomas, un dato que indica por si só a puxanza da capital británica e o sangue multicultural que corre polas súas veas. Do tamil ao polaco, pasando por nepalí, urdu, alemán, francés, chinés, gaélico ou, como non galego, son moitas as linguas que viven no día a día de Londres, cidade na que viven por volta de 12.000 galegos.

'Transport for London', a compañía que xestiona o transporte público no Gran Londres vén de lanzar un vídeo co lema 'London is Open' e no que persoas que traballan na empresa saen falando nas súas diversas lingua. Entre elas, unha rapaza que di en galego: “Londres está aberta para todos”.  



x