O Val do Xálima, Estremadura, festexa a 'fala'

O Val do Xálima, Estremadura, festexa a 'fala'
[Imaxe: Luís Pereiro] San Martiño de Trebello
[Imaxe: Luís Pereiro] San Martiño de Trebello  

A ‘Festa da Fala’ decorre entre 15 e 26 de agosto e cun programa con todo tipo de actividades.


Na comunidade de Estremadura existe tamén un pequeno núcleo (Val do Xálima, Val do río Ellas ou Val dos Tres Lugares) no que se fala unha variedade da lingua galega: Valverde do Fresno, As Ellas e San Martiño de Trebello. Son, segundo cifraba o filólogo e membro da RAG Henrique Costas, uns 5.000 falantes. Unha comunidade orgullos da da súa ‘fala’, á que festexa e homenaxea estes días.

Do 15 ao 26 de agosto decorre en San Martiño de Trebello a ‘Festa da fala’, cun variado programa no que colaboran diversas institucións e entidades estremeñas e as galegas A Mesa pola Normalización Lingüística e a Fundación Vía Galego. Música e gastronomía son o prato forte das festas (“comi, bebi e fala” é o lema desta edición).

Os actos rematarán o día 26 coa entrega do premio Boiga do Viñu que se lle dará a unha persoa ou colectivo que destaque polo seu traballo en defensa e promoción do galego.

“O 100% dos habitantes do Val falamos na fala. Provén todo do mesmo, falamos o mesmo o que acontece é que en cada pobo teñen as súas alteracións. Así, en San Martiño dise mañego, en Valverde valverdeiro e en Eljas lagarteiro. Hai varios escritores que lle teñen posto valego polo significado da historia que provén de Galiza”, afirmaba en entrevista con Sermos Galiza Julián Carretero, un dos veciños implicados na defensa e promoción da fala.



x