O xornalistas José Casás gaña o X Premio a artigos normalizadores de Carballo

O xornalistas José Casás gaña o X Premio a artigos normalizadores de Carballo
Xurado do Premio
Xurado do Premio  

O artigo “Os exemplos” do xornalista de Cerceda José Casás García resultou gañador do X Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo. 


O xurado do X Premio a artigos xornalísticos normalizadores decidiu premiar a José Casás García por “Os exemplos”, un texto que, segundo o xurado, conecta coas xeracións máis novas e constrúe un elo entre exemplos normalizadores de onte como a Xeración Nós e os de hoxe como a Xeración Xabarín. 

O premio está dotado con 1.000 euros e a publicación do artigo nos medios de comunicación colaboradores, entre os que se atopa Sermos Galiza. O artigo darase a coñecer o próximo domingo día 18 de maio. A entrega do premio desenvolverase no marco da Festa da Lingua que terá lugar a sexta feira 16 no Pazo da Cultura de Carballo na que actuarán Os Tres Trebóns e García Mc, ás 21.00 h, con entrada libre e gratuíta

Nas edicións anteriores, gañaron o premio de Carballo: Xurxo Fernández Carballido, Olga Patiño Abeixón, Ana Rodríguez Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera Fociños, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, María Pilar García Negro, Marica Campo, Marcos Abalde, Carlos Callón ou Mariña Pérez Rei.