A Xunta desenténdese da sentenza do Supremo contra o galego

A Xunta desenténdese da sentenza do Supremo contra o galego
O secretario xeral de Política Lingüística Valentín García durante unha comparecencia no Parlamento. Foto: cedida.
O secretario xeral de Política Lingüística Valentín García durante unha comparecencia no Parlamento. Foto: cedida.  

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, non ten opinión sobre a sentenza do Tribunal Supremo que ataca a ordenanza de normalización lingüística aprobada por unanimidade no pleno municipal. “A Xunta acata sentenzas”, manifestou, e deixou á posibilidade de recorrela á administración local.
 


“A Xunta non intepreta sentenzas e a ordenanza é de ámbito local”, afirmou na comisión parlamentaria de Educación a preguntas da deputada do BNG Olalla Rodil. “a competencia corresponde á entidade local que a promoveu, e en mans do concello está recorrela ou non”. A sentenza do Supremo desetima o recurso do Concello de Lugo a un primeiro ditame do Tribunal Superior a raíz dunha denuncia do colectivo contrario ao galego Galicia Bilingüe.

García preferiu desta volta situarse á marxe do conflito, malia que o alto tribunal contradí en varios puntos a consideración estatutaria do galego como lingua cooficial. “Se non se está de acordo corresponde a Lugo o recurso ao Tribunal Constitucional e por iso non nos manifestamos sobre a manifestación convocada con toda a lexitimidade do mundo”, engadiu. O Partido Popular votou, no pleno municipal lugués, a prol da ordenanza agora cuestionada pola xustiza española.