A Xunta emprega maiormente o castelán para promover o turismo nas redes

A Xunta emprega maiormente o castelán para promover o turismo nas redes
Captura da conta de twitter de @turgalicia.
Captura da conta de twitter de @turgalicia.  
“Los vikingos se disponen a atacar de nuevo la localidad de Catoira. Será este domingo cuando tendrá lugar la recreación de la toma de las Torres de Oeste, y mañana se celebrará la cena vikinga previa. No te pierdas la invasión más festiva. #EligeGalicia #GaliciaTienesQueVivirla”. Eis o ton e a lingua maioritaria da conta de Turgalicia en twitter.

termas outariz turismo“Viveiro es conocido por sus festivales y su Semanta Santa, pero siempre es un buen momento para visitarlo”, chiaban o 1 de agosto. Nesta rede social, Turgalicia -a entidade da Xunta para a promoción turística- emprega o galego en contadas ocasións. E ningunha outra lingua máis alá do castelán.

O BNG denunciou a situación esta segunda feira precisamente cun chío: “TurGalicia promociona o turismo á Galiza agochando deliberadamente o noso idioma”. Como exemplo colocaba unha entrada en que o organismo público animaba ás persoas visitantes a avisar de incendios no monte. “O Galego debería ser o principal atractivo turístico da nosa terra”, engadía a organización canda as etiquetas #TemosIdiomaPropio e #QueremosGalego.