A Xunta mantén que “hoxe falan galego máis persoas que hai cinco anos”

A Xunta mantén que “hoxe falan galego máis persoas que hai cinco anos”
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, valora a enquisa do Instituto Galego de Estatística (IGE) sobre o uso do galego. 
Foto: Xoan Crespo
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, valora a enquisa do Instituto Galego de Estatística (IGE) sobre o uso do galego. Foto: Xoan Crespo  

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, cualifica de “positivos” os datos da enquisa do IGE e fala da Galiza como “modelo de convivencia” entre linguas.


O goberno galego está satisfeito cos resultados da enquisa do IGE sobre uso do galego nos fogares. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, compareceu esta sexta feira para valorar as conclusión dese estudo e cualificounos de “positivos”.  “Hoxe falan galego máis persoas que hai cinco anos”, cando se realizou o último estudo, afirmou.

Rodríguez destacou o incremento de máis de dous puntos dos pais e nais que lles falan o galego aos seus fillos e fillas e indicou que seguimosa ser o territorio que "asegura uns maiores índices de coñecemento" da lingua propia cooficial. “As cifras amosan que estamos ante un escenario sociolingüístico positivo, que reflicte un modelo de convivencia no uso das linguas”, afirmou.

A Xunta asegura que “por primeira vez desde que en 2013 se publicara o módulo do IGE relativo á lingua”, medra “lixeiramente” a porcentaxe de persoas galegofalantes, entendendo por tales as que falan só o galego e máis galego ca castelán.