Rianxo abre un centro local de aprendizaxe da Universidade Aberta

Rianxo abre un centro local de aprendizaxe da Universidade Aberta
[Imaxe UAb]
[Imaxe UAb]  

Prevese que inicien as actividades en 4 meses con tres áreas iniciais: mar e pesca, lingua portuguesa e comercio internacional orientado á lusofonía.


Rianxo convértese no primeiro concello da Galiza en acoller un Centro Local de Aprendizaxe da Universidade Aberta. As actividades comezarán previsibelmente dentro de catro meses, após a sinatura dun convenio anos atrás entre o goberno local, do BNG, a vice-reitora da Universidade Aberta, Carla Oliveira, o vice-reitor Domingos Caeiro e o secretario executivo da Academia Galega da Língua Portuguesa, Ângelo Cristóvão. 

No concreto, o centro desenvolverá formación en tres áreas, principalmente, mar e pesca, língua portuguesa e comercio internacional orientado a países lusófonos. As aulas decorrerán no Auditorio Municipal, un espazo cedido polo concello. 

Trátase dun Centro Local de Aprendizaxe de ensino superior a distancia 

A decisión de iniciar este proxecto, explican desde o concello, devén da aprobación no Parlamento da Galiza da Lei Paz Andrade para o Aproveitamento da Língua Portuguesa e vínculos coa Lusofonia pola cal se estabelece a implantación do ensino do portugués, o fomento do intercambio de materiais audiovisuais e o estabelecemento de relacións institucionais, públicas e privadas, do ámbito lusófono. 

A Universidade Aberta (UAb) foi fundada en 1988 e constitúe a única institución de ensino superior a distancia en Portugal.