A CGT lembra as vítimas da folga xeral de 1901 na Coruña

A CGT lembra as vítimas da folga xeral de 1901 na Coruña
O sindicato realizará no cemiterio de San Amaro a tradicional ofrenda floral en lembranza [email protected] [email protected] vítimas daquela protesta.

O vindeiro domingo, día 3 de xuño, ás 12:30 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar a tradicional ofrenda floral que cada ano ven organizando a CGT da Coruña en lembranza dos obreiros e obreiras que foron vítimas da represión durante a folga xeral (a coñecida como folga dos “consumeros”) que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A homenaxe terá lugar fronte ao monolito que foi levantado polas sociedades obreiras coruñesas e sufragado por subscrición popular no ano 1906.
Ao seu término, farase outra ofrenda ante o conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza de [email protected] @s [email protected] polo franquismo.

Catro traballadoras e cinco traballadores coruñeses morreron naquelas xornadas.

A folga dos 'consumeros'
Os empregados de consumos da Coruña declaráronse en folga coa intención de conseguiren melloras laborais. Era a finais de maio de 1901. A protesta estendeuse a toda a cidade. nunha das denuncias contra fura-folgas que estaban a traballar en catro Camiños a garda civil asasina Mauro Sánchez, un dos traballadores. Ao día seguinte o seu enterro trnasformouse nunha grande manifestación. A policia cargou contra a multitude de mulleres e homes con resultado de oito mortes máis. Catro traballadoras e cinco traballadores coruñeses morreron naquelas xornadas.