A Cruz do matrimonio

A Cruz do matrimonio
Carmen Berrobianco
Carmen Berrobianco  

Se houbo unha peza de teatro que triunfase na segunda metade do século XIX esa foi La cruz del matrimonio, comedia original en tres actos y en verso publicada en 1861 e representada na Galiza desde 1862 até, polo menos, 1897. O autor, Luís de Aguilaz. A primeira actriz, Carmen Berrobianco.


El Correo de ultramar, número 356 de 1859, informa do debut desta actriz no teatro Lope de Vega cunha obra titulada Cada oveja con su pareja  e non dubida en afirmar que “ha empezado su carrera de modo brillante”. Durante os anos seguintes, a prensa non para de louvar o bon facer desta muller, actuando como primeira actriz en moitas obras xunto a —ou dirixida por— Julián Romea, o actor que conseguía arrancar lágrimas ao público, como sucedeu na representación de La comedia nueva de Leandro Moratín, na representación do 4 de febreiro de 1862.


De La cruz del matrimonio dicía Eduardo Bastillo en El Museo Universal: "Esa obra, que, literariamente considerada, es una joya del teatro moderno, socialmente es una maestra en acción, que enseña con dulzura, sin gritar a sus discípulos; y moralmente, es un libro abierto que ningún siglo cerrará, porque en él hay páginas que, como las del Evangelio, son de todos los siglos". 

Unha mestra en acción que non cuestiona a institución matrimonial, podemos engadir, nen o papel da muller na sociedade do século dezanove, como polas mesmas datas faría Rosalía, que con toda a certeza coñeceu a obra de Aguilaz e mesmo é posíbel que asistise a algunha representación, e que usa a mesma expresión "cruz del matrimonio” en El caballero de las botas azules:

 “Feas o bonitas, las unas cargan sobre sus hombros la pesada cruz del matrimonio, viven las otras resignadas o alegres en el estado honesto propio de las almas recogidas y amantes del reposo; mas, si en verdad no son tan poéticas ni espirituales como se desearía, y su belleza física tiene por lo común defectos que pueden pasar por no vistos, si no son, en fin, tan perfectas ni escriben tan bien como las novelas cuentan no debe culpárselas a fe porque cumplan debidamente su misión haciendo hasta la muerte su papel de mujeres.” 

Ou aínda: 

"¿Entendiste, Mariquita? Pues bien, te diré todavía, porque te quiero, que si el matrimonio es cruz vale más andar sin cruz que con ella, que el buey suelto bien se lame y que para una boca basta una sopa”

O grande suceso da obra de Aguilaz converteu a súa primeira actriz en obxecto preferente de homenaxe poética dos autores galegos. Na Coruña, imprenta de Puga, imprimíronse non menos de tres textos poéticos laudatorios. Un deles, asinado por M.P.V, é un soneto que remata:

“Y a tu regreso, con mayor delicia,
Alfombras hollará tu pié divino,
Tegidas por los hijos de Galicia”

Gonzalo Brañas, en nome da redacción de La Ilustración da Coruña asina un longo poema que finaliza cun:

“Carmen, de aquella legión
(Y tus dudas se desarmen)
Artista en nuestra nación
De estudio y corazón
Tu eres la primera, Carmen.

Eladio Fernández y Miranda certifica a adaptabilidade da actriz a calquera papel:

“Vedla segura alzarse poderosa,
Tierna, sencilla, grave o vaporoso,
Siempre dueña y señora de la escena,
Llena de encantos y de gracias llena,
Tímida, amante, o recogida esposa”

O texto de Fernández Miranda aparece en folla solta asinado o 12 de agosto de 1862 e é o mesmo que o publicado na páxina 361 de El Albúm de la Caridad que recolle as composicións dos xogos florais de 1861 e que foi publicado en 1862. Rosalía tamén publica neste Album cinco composicións.

Tamén Antonio de la Iglesia, o único de todos os loadores que escrebe en galego, deixou testemuño literario da súa admiración por esa actriz no poema  “A actriz, Carme Berrobianco” en manuscrito conservado na RAG. 

Comparándoa cos anxos remata o seu poema:  

“Non coroas dos imperios
nin loureiros do Petrarca
para a Cruz do Matrimonio
cal na Coruña se declama
solo hai coroas de estrellas
no firmamento colgadas”

La Cruz del matrimonio seguiu representándose en Galiza durante quince anos máis. 

Seguiu sendo mestra en acción. Seguiu sendo ese Evanxello que presentaba o matrimonio como o elemento que, coas súas imperfeccións, coas súas infidelidades, era institución básica. A cruz do matrimonio era iso, cruz, mais cruz necesaria para a sociedade funcionar. Só iso explica que a súa representación durase máis de 15 anos e sempre con éxito de público.