Acordo unánime da Deputación da Coruña para instar o Estado a recuperar o pazo de Meirás

Acordo unánime da Deputación da Coruña para instar o Estado a recuperar o pazo de Meirás
Pazo de Meirás
Pazo de Meirás  Foto: Wikipedia

As seis formacións con representación na institución  provincial, incluída o PP; aprobaron a moción que dá pasos adiante no camiño de recuperar o Pazo de Meirás para patrimonio público e, seguindo os pasos do informe xurídico, diríxese ao Estado para que inicie accións para recuperar o inmóbel que a familia de Franco ten neste momento en venda.

A Deputación dirixirase ao Estado para instalo a exercitar as accións administrativas e xudiciais oportunas para os efectos da recuperación para o Patrimonio Público do Pazo de Meirás e compromete para iso a súa colaboración.  Ademais, a Deputación comprométese a trasladar á Xunta de, o Parlamento, o goberno do Estado, as Cortes do Estado, os grupos parlamentarios e a todas as institucións e organismos que sexan necesario o informe histórico-xuridico encargado pola propia institución e que foron elaborados por dous equipos de investigación dos que son responsábeis o historiador Emilio Grandío e o xurista Xabier Ferreira.

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, foi a encargada de presentar a moción.Defendeu “a necesidade de axilizar os trámites para iniciar o proceso canto antes, xa que temos un informe rigoroso e sólido que deseña un camiño claro, e a unha nova provocación dos Franco ao por á venda ao Pazo” e agradeceu o apoio unánime de todos os grupos da Deputación