24 DE NOVEMBRO DE 1982

Hai 35 anos: expulsos do Parlamento galego 3 deputados nacionalistas por se negar a xurar a constitución

Hai 35 anos: expulsos do Parlamento galego 3 deputados nacionalistas por se negar a xurar a constitución

O BNG apresenta o avanzo dun documental sobre un feito sen precedentes no Estado español. A aplicación retroactiva cunha normativa que obrigaba a xurar a 'carta magna', buscando provocar a expulsión dos tres parlamentares eletos polo Bloque-PSG.  Vídeo no interior


O 23 de novembro de 1982 tres deputados -Bautista Álvarez, Lois Dieguez e Claudio López Garrido-, eleitos pola candidatura Bloque Nacional-Popular Galego-PSG, eran expulsados do Parlamento de Galiza por se negar a xurar a Constitución española e defender os dereitos nacionais de Galiza. 35 anos despois, o BNG presenta o avanzo dun documentario no que se fai memoria dun feito político sen precedentes do Estado español.

O vídeo está concibido como un acto de denuncia e de recoñecemento político aos seus protagonistas, “precisamente nun momento de involución democrática no conxunto do Estado, marcado polo recorte de dereitos e liberdades, -tanto individuais como dos pobos-, e de criminalización das ideas políticas que non encaixan no status quo do actual marco institucional”, indican desde o BNG.