
Hai oitenta e tres anos, falamos do 12 de novembro de 1936, eran asasinados na estrada de Campañó, Poio, dez demócratas ben representativos do crisol ideolóxico comprometido co cambio social, unha sociedade de iguais e unha Galiza libre. Un deles, Benigno Rei Pavón, nunha carta dirixida a súa nai desde a cadea explicaba que “mátannos por ser bos”.