O BNG insta o goberno español a impulsar unha demanda civil para recuperar o Pazo de Meirás

O BNG insta o goberno español a impulsar unha demanda civil para recuperar o Pazo de Meirás

O BNG realizou esta terza feira unha concentración simbólica na Delegación do Goberno para demandar ao goberno español que impulse unha demanda civil con vistas á recuperación do Pazo de Meirás, en mans a día de hoxe da familia Franco.

Rubén Cela, da Executiva nacional da fronte nacionalista e integrante dos 19 de Meirás, lamentou que, a pesar da mudanza de titular na Moncloa, “non vemos ningún indicio que permita deducir calquera tipo de actuación práctica por parte do Goberno español dirixida á presentación dunha demanda civil para a devolución do ben espoliado”.

Finalizada a concentración, o BNG entregou un escrito na Delegación por medio do cal solicita formalmente ao Goberno do Estado que “coa maior urxencia presente unha demanda civil a fin de recuperar o Pazo de Meirás para o patrimonio público, atendendo aos informes emitidos por diferentes institucións en que se avala a presentación dunha demanda civil”.



x