
Que as institucións públicas galegas honren a memoria de Alexandre Bóveda e das vítimas da ditadura cada 17 de agosto. Que o Estado anule as sentenzas de morte ditadas por razóns políticas, ideolóxicas ou de crenzas. Iso é o que pide unha proposición non de lei que leva a asinatura do parlamentar do BNG Luís Bará e que se acaba de rexistar no Parlamento da Galiza.