Un brillante caricaturista vigués

Un brillante caricaturista vigués
Debuxo de Fernández Lourido sob o título de "O adeus do emigrante"
Debuxo de Fernández Lourido sob o título de "O adeus do emigrante"  

A trinta e un de decembro de 2018 remata a campaña de Sermos Galiza para conseguir tres mil asinantes que fagan posíbel o lanzamento dun diario en papel e en galego. En xaneiro saberemos logo se tal obxectivo se logrou e se teremos en 2019 un medio destas características. 


Historicamente o mes de xaneiro foi propicio para a aparición de periódicos na Galiza. Algúns deles moi coñecidos e con moita influencia, caso de Acción Gallega que apareceu publicado por vez primeira un 15 de xaneiro ou El Pueblo Gallego, un 27.

Tamén en xaneiro de 1913 saía do prelo Suevia. Revista Gallega Regionalista. De periodicidade quincenal, publicouse en Bos Aires dirixida polo pontevedrés Joaquín Pesqueira. Os contidos eran noticias da Galiza e sobre persoeiros galegos con abundantes críticas á situación social do país.  Contiña numerosas caricaturas e debuxos de Castelao (no número un aparece unha caricatura de Fernández Florez) mais foi sobre todo Fernández Lourido —un mozo de Vigo emigrante  na Arxentina, que en 1914 é merecente dun amplo artigo en Vida Gallega e anos despois, en 1925, é lembrado na revista Céltiga como o artista que "comezaba a inquietar e producir sarpullidos na hipoderme estética de Buenos Aires"— quen mellor ilustrou Suevia e quen mellor se identificou con ela. E así o entendeu a revista ao caracterizalo como “brillante caricaturista vigués” capaz de interpretar nas súas acuarelas a beleza universal.

 



x