ESTE SÁBADO ÁS SEIS DA TARDE

Debate sobre as escolas de emigrantes en Valga

Debate sobre as escolas de emigrantes en Valga
Escola de Ferreirós, en Cordeiro (Valga). Foto: Asociación Cultural Os Penoucos.
Escola de Ferreirós, en Cordeiro (Valga). Foto: Asociación Cultural Os Penoucos.  

A memoria histórica vai alén da II República, a Guerra do 36 e a instauración do fascismo. A asociación Memoria Histórica de Valga así o entende e este sábado, 12 de maio, dedica unha mesa redonda ás chamadas escolas de emigrantes baixo o título Escolas de liberdade.
 


O encontro será ás seis da tarde na Escola de Ferreirós, na parroquia de Cordeiros. Este é un edificio fundado en 1913 pola Sociedade de Residentes de Cordeiro en Bos Aires a instancias do Sindicato Agrícola do lugar. Foi a maneira en que as cativas e os cativos puideron recibir ensino gratuíto.

 

En Escolas de liberdade participarán a profesora da Universidade de Santiago de Compostela Aurora Marco, especialista na represión franquista contra as mulleres; María Álvarez Lires, docente na Universidade de Vigo comprometida “coa transmisión de valores igualitarios que xeren o cambio necesario para acadar unha sociedade máis xusta e democrática”, e a escritora Susana Sánchez Arins, que no seu último libro Seique (Através, 2016) “aposta pola memoria como forma de recoñecer as vítimas descoñecidas da barbarie”.



x