O CONFLITO DOS CAMIÑOS DE FERRO, O DETONANTE

A efémera República Galega

A efémera República Galega
Alonso Ríos fora proclamado presidente da República Galega
Alonso Ríos fora proclamado presidente da República Galega  

Foron só unhas horas, as do 27 de xuño de 1931, mais a proclamación da República Galega colocou as demandas do país nunha axenda política centrada nas eleccións ás Cortes Constituíntes a celebrar o día seguinte. Desa data, o historiador Xoán Carlos Garrido mantén que “debemos extraer algunhas conclusións, mesmo 86 anos despois”. Deixamos aquí un extrato da información publicada no semanario Sermos Galiza.


Nun momento de plena efervescencia social e de arelas de cambio, Galiza decidiu que quería estar nos debates políticos nos primeiros anos da década dos trinta do século XX. O nacionalismo galego era naquela altura un movemento cun certo percorrido, mais aínda con importantes eivas para se consolidar como unha forza maioritaria. Se cadra sería esta febleza organizativa a que freou o pulo soberanista que activou o conflito do ferrocarril Zamora- Ourense-A Coruña.

2Efectivamente, a proclamación da República Galega o 27 de xuño de 1931 é un feito descoñecido para amplas capas da poboación. Para o desacreditar, hai quen ve nel unha anécdota ou, no peor dos casos, un episodio pouco menos que cómico que ficaría nun segundo plano pola magnitude do que había de chegar apenas cinco anos despois.

En calquera caso, non hai dúbida hoxe en día de que foi o conflito laboral e político máis recorrente da Galiza do I Bienio Republicano, 1931-1933, e que xurdiu vinculado á paralización das obras do ferrocarril Zamora-A Coruña, unha obra proxectada moito tempo antes, en 1855, por Práxedes Mateo Sagasta e que non se remataría até ben entrada a década dos cincuenta do século XX.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 251, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]