O escultor coruñés Enrique Tenreiro pinta “Pola Liberdade” na tumba de Franco

O escultor coruñés Enrique Tenreiro pinta “Pola Liberdade” na tumba de Franco
Acción na tumba de Franco
Acción na tumba de Franco  

"Franco matou moitísima xente", dixo o artista, que foi arrestado por axentes da Garda Civil.


Un artista galego, Enrique Tenreiro, protagonizou nesta cuarta feira  unha sorpresiva acción artística: Pintar con pintura vermella sobre a tumba de Franco no Val dos Caídos unha pomba e o lema “Por la Libertad”.  O escultor coruñés xustificouse: “Franco matou moitisima xente”.

 

”É o meu gran de area para aliviar a dor dos perdedores dunha guerra civil que non debeu producirse”, explicou o artista. A acción deorreu pouco despois das once da mañá e cando nese lugar se atopaban unha vintena de persoas.

A Garda Civil arrestou Tenreiro após realizar a pintada e levouno para tomar declaración e realizar as accións pertinentes, segundo Patrimonio Nacional.



x